O venres, antes da entrada do primeiro gran swell* do ano, fun ata ancoradoiro a aboiar un rato coa taboa que tenho de 6.8

O primeiro que tenho que decir, e que se sodes novatos coma min, necesitades moita forza de mar para poder facer algo cunha taboa tan pequena, asi que as condicións eran adecuadas, unha espuma de mais de 1 metro que empuxaba con forza cara a orilla.

Como sempre digo, para min o “surf” e algo así como desconectar do resto e pasar un bo rato, non tenho nin idea de sufear pero gustame estar esa hora ou o tempo que sexa pelexando co mar, sempre dentro das minhas posibilidades… (Nunca pensaria en meterme coa minha formación mais adentro da espuma, sobretodo cando as olas eran de máis metros do normal)

Ata agora no mar pasara por moitas fases, moitismo calor en verán, frio en inverno, e sobretodo choiva (unha sensación realmente boa) pero o outro dia… empezou a granizar… so podo decir… que coa cabeza pelada que tenho, co fria que estaba a auga… doia… doia de verdade… e o final foi o que fixo que tivera que sair e porme a cuberto.

Deixo un par de fotos para que vexades mais ou menos como andaba o mar, por suposto eu non andaba onde rompian as olas, senon uns metriños mais adiante disfrutando da espuma e tratando de aprender a facer o pato (o pato de meterme debaixo, que o pato de patoso fagocho de puta madre en todo momento).

 

 

* Termino cool que usan os pros para chamarlhe o mar de fondo de toda a vida. swell e palabro inglesa (usan moitas palabras inglesas estes surfeiros)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.