Non vou ser o primeiro que fale do novo museo do surf que se puxo en Valdoviño. Pero si tiven a sorte de ser dos primeiros que visitaron dito museo e xunto con el tamén a exposición temporal de taboas de Enrique.

Para que nos fagamos unha idea, todo esto comeza coa idea de escribir un libro, un libro sobre os orixes do surf en españa, como entra por cantabría, pais vasco e vaise estendendo cara Galicia e por suposto cara o resto da Peninsula Ibérica ata que se convirte en algo normal.

En Galicia falase moito de Rufino, de como comeza a facer pranchas, de como trata de conseguir foam mais denso e de todo-los problemas que esto lhe leva.

O museo do surf de Valdoviño mostra a historia do surf, do seus inventos, da sua parafina, pero tamén do Pantín, de como evoluciona das cámaras usadas, dos momentos vividos e de todas as anecdotas como a que comentaba Parkinson decindo que surfear en Pantín era como estar na casa… “moi parecido a Australia polos eucaliptos Síntome como se estivera na casa…”

Se tendes oportunidade, facedelhe unha visita, podedes ver algunha prancha de Rufo, algunha genesis y nas pranchas de Enrique podedes ver aqueles tolos anos 80/90 …..

DEIXAR UNHA RESPOSTA