Antes ou despoixa tocaba pasar polo talher. Por se non o dixen… un dia en neminha decidin cruzar a taboa cunhas pedras a ver o resultado (seica esperaba algo parecido a gatocan…)

O resultado foi un toque mais ou menos pequeno na zona de proa (vaites… que me fun de morros coa taboa contra a pedra) e quedou a fibra aboiando no mar (botaria de menos a gopro).

Así que tocou buscar pola galiza un shapper que me fixera algo bem feito.

O resultado, Chusma, un rapaz de Muros que leva xa uns aninhos facendo taboas e reparando as dos torpes que aboiamos (e ata eso facemos mal).

O sabado, que tocou andar preto de Muros, fun velo e deixarlhe o meu tablón, de paso aproveito e vou porlhe un box central para facelo single, creo que responderá melhor o tablón así en olinhas de veran.

A verdade e que o rapaz notaselhe que lhe gusta o que fai e que o fai bem (so tendes que pasarvos polo blog que ten para ver as taboas suas). Estivemos case duas horas de palique, explicandome o que ia facer, como se facia e porqué así e non de outra forma. Tamen me estivo amosando o talher e como e o proceso para construir unha boa taboa.

Ponho duas fotinhos, porque o resto do tempo estiven de palique, e ademais se queredes ver o seu trabalho tirade para Muros ou para o seu blog.

DEIXAR UNHA RESPOSTA