Onte Luns, tocou pasar por onde Chusma. Dous viaxes nun.

Por un lado, tinha que ver como iba o 600 cunha taboa de maís de 9 pes encima, posto que pretendo ir o motorbeach no cacharro. Por outro lado, o Mércores anterior fora a nemiña e tivera un pequeno toque, e quería ter reparado todo para non andar pondolhe cinta.

Para quen non conheza a chusma, comentar que é un shapper galego que reside en muros (atentos as vistas que ten desde a sua casa) que fai uns tablons e unhas taboas cortas que moitos desexamos ter.

Pero tamén é o shapper que me soluciona os golpes de tonto e novato que tenho e ademaís sempre explica o que fai e como o fai, todo un gusto falar con ese home.

O caso, tocou arrancar co 600 dende Compostela, por se vos interesa tardei como 1h e un chisco, polo que realmente o problema era maís dos que vinhan detrás que os que eu tinha diante jejeje.

Cando chegamos, so tinha a idea de deixalha e pasar outro dia recolhela, pero oh sorpresa dixome que era pouco e que podia facelo no momento. Así que non so foi eficaz senon moi rápido, en cuestion de media hora tinha a minha taboa reparada e lista pra levar.

Chusma, se lees esto, temos unhas birras pendientes. Graciñas por todo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA