Pois o pasado Venres pensei “hoxe ten que estar un dia xenial para aboiar como a semana pasada…”
Vaia fracaso de prediccións… case parezo os periodistas da TVG cando falan do tempo. Por algo tinhamos alerta laranxa na zona… moito vento e mar forte dende moi atrás.
Pero bueno, fun, din unha voltinha, disfrutei dos poucos raios de sol que asomaban entre Ancoradoiro e Lariño e regresei con ese salitre na pel a consecuencia de estar preto do mar.
Outra semana mais que en lugar de aboiar dedicome a olhar pro mar. E bem bonito que é.