Seguro que moitos xa o sabedes, pero en Marzo Silvinha e un servidor fomos invitados, como resultado do premio en rifas que no Motorbeach sorteaban no 2015.

A verdade e que a viaxe foi increible, non saiu tan bem como nos gustaría pero tenho que decir que foi realmente increible e sen duda repetiría de bo gusto.

DSC02452Todo comezou no aeroporto de Barajas en Madrid. O final parece que o avión estropeouse e tivemos que esperar preto de 3h a que cambiaran o avión. Por sorte temos acceso a zona VIP e puidemos pasar as horas a golpe de martini. non vexas como se agradece. Sobretodo tendo en conta as horas que nos agardaban encerrados nun avión ou nunha sala de espera en Latinoamerica.

Para que vos fagades unha idea a forma de chegar a Nicaragua e via Panamá ou Miami. Realmente nos non queríamos pisar Estados Unidos así que optamos por unha espera de 3h en Panamá para enlazar con Managua.

Que vos podo decir da vaixe… larga… moi larga… tan larga que incluso co cambio horario chegamos de madrugada a Managua.

Antes de continuar tenho que porvos o día dos cambios que esta viaxe sufrira. Para empezar e por desgracia, dous dias antes Pau caera da moto mancandose nunha rodilha. Pau iba ser o que nos iba orientar, explicar e amosar todo. A verdade e que menuda putada tanto para el como para nos, pero Pau deixou todo bem organizado (dentro do que se pode organizar en Nicaragua jejeje) e tinhamos estancia nun resort moi preto do seu que esta incrible.

O caso, chegamos as 12:00 da noite, posiblemente ultimo avión que chegaba a managua (desde agora coñecida tamen como cidade sen lei) e cando estabamos saindo na porta puidemos ver representada unha escea de apocalipsis zombie ou algo así… Un montón de xente pegada contra os cristais esperando os guiris de turno para levalos a algún lado ou facer algo con eles… menudo espectáculo…

En principio nos tinhamos a Samuel, que viria dende Aposentillo ata Managua para recolhernos e levarnos “Al Cielo” pero pasaba o tempo… e alí non aparecía nadie…

Xa como último recurso tiven que chamar a Pau. Que se me lees que sepas que me fastidiaba infinito pero non sabía que facer.

El xa me dixo que pillara un taxi que nos levara al Cielo na zona de Aposentillo. Pero a unhas 4 horas…

O principio todo moi raro, estas nunha cidade onde os turistas somos cheques e observando todo… Por sorte 4 horas mais tarde chegamos a un recuncho perdido no medio da jungla (pouco mais…) pero sendo de noite non tinhamos nin idea do bonito que era onde nos metimos.

Para que vos fagades unha idea a vida en Nicaragua comeza as 6 da manha. Era a hora na que espertábamos e íbamos a desaiunar pra logo ir a aboiar. As primeiras veces fomos cos Franceses (donos do resort el cielo) e logo xa coa moto que Pau nos prestara.

Durante a nosa estancia pasou de todo, xa vos dixen como comezou, pero tamen tenho que decir que chegamos o resort e o garda que nos esperaba estaba dormido e por pouco durmo nunha hamaca. Tamen que o dia seguinte fun nun 4*4 detrás suxeitando taboas… pero cada intre mereceu a pena… incluso o pinho co boncer de chusma… que duros son eses cantos redios…

Non podo deixar de lado o rica que estaba a comida, a fruta e sobretodo o café… poder almorzar unha fajita con cafe sen azucar foi dos melhores almorzos que tomei nunca, por non falar da calidade das pizzas que no resort facian..

Por suposto a auga incrible, quente e con boas olas, realmente para todo-los niveles incluso para nos había sitios adecuados… eso si… como queimaba a area… e eso que surfeabamos as 10 da manhá.

Deixovos unha seríe de fotos para que vexades  porque a verdade non sabría con cal quedarme e penso todas merecen a pena 🙂

Pau. Se me estas leendo… xa me tarda participar noutro sorteo onde poida ganhar a estancia pero no teu resort 🙂 ese si que ten que molar a pe de praia.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA