Onte, dia escuro e chuvioso, que pretendía ser un dos últimos días do ano no que nada se fai… tornou nunha grata sorpresa cando chusma me dixo que podía pasar por Muros a recolher o boncer.

Que vos vou decir, vos que me leedes sodes uns bos surfistas e sabedes de sobra que non presta nada meter un longboard de 9.2 nun dia de forte temporal e con olas que nin aboiar che deixan.

Certo que se eres un bo surfista metes o long onde sexa, pero non era o meu caso, eu queria meterme no mar neses días nos que ves que o long e demasiado pero ainda así non está a cousa demasiado brava (tamen hai que saber cando quedar na orilla).

Non quero falar moito do boncer porque eso tocaralhe a Chusma na sua web, por eso deixovos estas imaxes tan xustas, do ultimo repaso que chusma lhe deu o boncer onte pola noite e o meu logo da web.

Como podedes ver, tanto o meu long como agora o meu boncer levan as mesmas cores, na punta unha clara referencia a bandeira galega (non é a mais bonita pero si a que máis me gusta) e o resto da taboa en roxo (suponho como clara referencía a idea de comunismo/esqueda/socialismo/chamalheX)

E pouco máis, agardo poder o día 2 meterme no mar con ela e ver que pasa.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.