Miñanaiquirida, que é o que soemos decir por este terrucho cando flipamos en cores. A verdade e que o motorbeach de este ano non defraudou nadita. Así que vou contar un chisco a minha experiencia como novato neste mundinho e sobretodo nesta edición.

A principio de semana animeime a pensar en ir o Motorbeach de este ano, para que vos fagades unha idea do que é, tratase de xuntar motos custom (sobretodo cafe racer) co mundinho do surf, bueno en concreto co mundo do longboard.

Así que o primeiro que tiven que dicidir era como iba ir, ante a previsión de choiva, supuxen que o melhor era tratar de alugar un “algo” que me mantivera pola noite o seco, e o mais afastado da terra (e non falo de drogas). Despoixa de moito mirar, atopei a xente de Triskelcampers, xusto aquí de compostela, que alugan campers con un pequeno modulo todo-en-uno e que me saia por 150e os 3 dias (sen limites de km)

Así que o venres tirei para o Motorbeach, este ano faciase na praia da Espasa, o pouco de pasar Colunga. A verdade e que dende galicia chegar e moi sinxelo, foi colher autovia e como se suele decir “tira tira tira” en pouco mais de 3 horas aló estabamos.

A verdade e que a pesar de que iba solo, sabia que aló non iba estar solo, xa lhe dixera a Neyra (que non o conhecia mais que de falar polas redes sociais) de que iba darlhe a brasa de boa gana.

Cando cheguei, sen maior problema que o de seguir os carteis que tinhamos, aparquei o meu pisito rodante con vistas o mar, e primeira linea de praia.

Ainda non habia moita xente, pero o xusto para empezar a conhecer esas persoas que so conhecia por facebook.

O primero a xente de Neyra Fins, co propio Pepe a cabeza, a xente de Vigo, Machete, Iron Mountain… todos de 10. Por supuesto xente que conhecia da auga de estar lonxe e que o final todos nos fixemos amigos, Cesar e toda a tropa que está detrás do The surfeiros Pirata, a Iago ese crack sobre o long, ós franceses de Chipiron (que penaba que eran do sur… pero non… son Franceses (moi majos… e moi alcoholicos… jeje) e por supuesto Sidrisima, Fer (dende hangten) e un gran número de persoas que seguramente conhecin e non tenho localizadas no FB (como esta parelha de Huelva tan maja e tan hiperactiva)

Por suposto tamen conhecin a moita xente do mundo das duas rodas, dende Russell ata a xente de vigo, todo dentro de moi ambiente.

Se tivera que por algunha pega… suponho a choiva que fixo que a xente que vinhera fose menor da que tinha que vir, ou as 0 olas que fixeron que a taboa non pasara do teito da furgalha.

A verdade e que mezclar a tematica surf, rock, e motos… creo que é un éxito seguro.

Xa me tarda veros a todos no proximo motorbeach.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA