Outro fin de semana polo norte, esta vez coas previs de moito mar (moito mar para o bem que eu aboio). Pero ainda así o Sábado decidín que había que darlhe uso o neopreno novo de inverno.

A verdade e que estaba o mar bem raro, corriente de lado sacandome do punto no que eu quería estar… e cando lograba estar o pico decidía que era melhor sair noutro lado.

De todas formas, algo vai saindo, non falo de facer cousas raras, para caminhar e todo eso no long xa tenho o meu afluente. Eu son mais de aboiar xa o sabedes.

De todas formas, cando tes toda a praia para tí as cousas poden tomarse con mais calma.

O final tiven sorte, porque ata me sacaron algunha foto no que parecía que estaba facendo algo bem. Bueno, parece dende o meu punto de vista, seguro que se o vedes vos que sabedes de estas cousas atopademes mil fallos.

Deixovos unhas fotinhos do día. Tamen fotos de Silvinha que non meteu o final no mar.

Cada día gústame maís esta praia.

posdata: se alguén quere patrocinar a un surfista pro, aquí estou eu jeje.

DEIXAR UNHA RESPOSTA