Fai un par de semanas, decatome de que en Salinas un socorrista rescata a 6 persoas de morrer afogadas, fixo esto incluso fora de servicio nunha praia que conta con un servicio de socorrismo digno de admirar.

Falo de socorristas bem formados, non so de rapaces con exceso de bronceado, gafas molonas e sonrrisa profident, que por suposto nadan 400m en piscina en menos de 3 minutos e son realmente bos cando fan as probas de cada ano.

Pero o que hoxe me trae aquí e o espectáculo que vin o fin de semana pasado nunha praia onde había bandeira amarela e dous socorristas… ou polo menos eso puñan as suas camisetas do 112..

Eu estou acostumbrado a estar en praias sen socorristas, de feito estou federado ante posibles problemas ou sustos na auga, pero por casualidades da vida o fin de semana pasado rematei nunha praia de estas que tenhen bandeira azul.

Pois bem, a praia, que desconhezo os metros que teria pero ainda era xeitosa (e en curva) tinha un posto de vixiancia no medio e medio, o típico torreón pra sentar patrocinado por central lechera asturiana… pero nel non había ninguén. Podemos pensar que estarían paseando vixiando a zona… pero tampouco era así.

Os fulanos, chámolhe así porque pensar en chamarlhes socorristas doeme no corazón, estaban nun pequeno edificio onde esta unha escola de surf e os baños, ademáis do garito pra facer as curas típicas do veran. Estaban arriba, sentados na barandilla… dous socorristas e creo que o que alugaba o material da escola de surf.

Pois bem, dende estes fenómenos estaban era imposible ver todala praia, de feito so podian ver un tercio da praia (e xusto a zona tranquila). Tamén me fixo gracia porque estaban o 90% do tempo dandolhe a espalda o mar. De feito estiven un rato preto sua e o único que non lhes importaba era o mar.

Pero olho estes monecreques non tenhen toda a culpa, realmente si tenhen culpa por ser maiores de idade, pero a minha culpa, polo menos un 60% botolha as persoas que pensan que ahí están bem, que cos impostos de todos, podemos pagarlhe as vacacions de verano a uns fulanos que estan por estar. Estes persoeiros non tenhen a capacidade de reacción, de feito podía estar afogando alguen que eles non o ian ver.

Logo asustamos cando pasa algo… ou quedamos flipando cando un socorrista saca a 6 persoas da auga… porque claro existen socorristas e socorristas.

Creedeme que quedei con ganas de decirlhes unhas cantas cousas, pero por parvo non o fixen…

Todo esto digo como antigo socorrista que fun, tanto de pozas publicas (lease piscinas) como de rio, con mortos incluidos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.