Moita xentinha pode decir que o mar e simplemente auga, auga salgada e polo xeral na costa da morte bem fria…

A verdade e que pra min fai uns anos si pódia ser así. Como moitos sabedes sonche do interior, vaia son parajuero…  dos que chegado xulho marchaba cara a praia 15 días. Pois sí, non era Sanxenxo  pero era Baiona… Que lhe imos facer nadie nace aprendido…

Pode que fose por ser do interior, ou porque o mar pra min implicaba xente tirada na area, jaleo, ruido… o que fose… o caso e que durante moitos anos perdín a gracia polo mar e todo o que rodeara tal.

Si foi certo que dende que comecei a trabalhar en Compostela atopei rincons que desconhecia, atopeime coa costa da morte, algo que si podo definir como Galicia, non merdas de xente pija paseando por “boulevars” como se fosen de grandes familias…

Coa Costa da morte atopei a esencia galega, o bruto das costas e os invernos mais bonitos que puiden conhecer. A costa da morte amosoume que dende a orilha as vistas son increibles, pero son moito mais bonitas dende dentro aboiando.

Unha cousa levoume a outra e cando me din conta estaba co meu compañeiro alvaro recorrendo asturias e as rias altas buscando recunchos pra aboiar…

Bueno todo este sermon pra que… pois porque o fin de semana pasado estiven polo norte, Ortigueira como base coa intención de aboiar co meu bem… pero o final aboiar foi o de menos.

Penso que a pesar de que somos tal para cual o que de verdade nos fixo un foi o mar… que o final… soamente é auga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA