Cando empezas neste mundinho a verdade e que de pouco te enteras, sobretodo falando de materiales e formas. Primeiro buscas unha taboa polo prezo, logo polo disenho, logo toleas e buscas todo xunto.

Recordo como se fose onte cando empecei a buscar taboas, o principio igual que a todos, gustabanme as taboas cortas, afiladas, básicamente as de pose na praia jeje. Pero logo descubrín que habia (e hai) todo un mundo.

Descubrín o longboard, outra forma de desfrutar do surf, son taboas grandes que sempre foron asociadas a xente maior, polo normal e facil desplazarse nestas taboas, posto que tenhen unha gran superficie, sobretodo se eres unha persoa grande e pesada.

E logo, descubres os shapers, persoas que se encargan de facer tablons a gusto e preferencias do seu futuro dono. Nesta entrada vou comentar os 4/5 que quizais sexan os que máis me gustan.

Empezo polos galegos, en concreto en galicia para min destacan dous nomes, Por un lado Chusma (do que falei cando o meu tablón quedou a arrenxar) un home que podería estar escointando todo o día, cantidade de cousas que sabe de taboas. Fai moitos e moi variados tipos pero creo que a sua principal arma son os simmons e edge (eu de desenhos moito non entendo pero gustar gustanme mil).

Por outro lado temos a Iron Mountain. Conhecino polas redes sociales e en persoa no Ondalonga (ainda sigo esperando pola pegatina que me ia dar… pero non lho tenho en conta). Este home dalhe tamen a todo, pero sempre o vexo presentando cousas de mais de 8′ diría que algo así como longs tradicionais. Realmente bonitos.

Logo, pasome por Asturias, en concreto quero falar de dous Shapers que creo que son caralhudos a hora de discurrir. en concreto falo da xente de Monster e de Grandppa. Son uns fenomenos combinando estilos, materiais, colores… son os shapers que fan tablons para por encima da chimenea. So podo decir “cousa bonita chico”

E por ultimo está o Sr. Neyra dende Andalucia. O primeiro que me chamou a atención de este home foron as quillas que fai. os deseños, cores, materiais, a verdade e que da gusto, dende as mais básicas semitransparentes ata as dignas de expor. Pero este home non se queda so ahí, trabalha coa resina que da gusto, outra das típicas taboas que da pena encerar e meter no mar.

A verdade e que hoxe por hoxe, a falta de cartos clarostá, non teria nin idea por cal decidirme, sei que se fose para facer quillas optaria polo señor Neyra pero falando de tablóns, a cousa sería realmente complicada. Tirandome así a un pozo, pode que a dúbica estaria entre a xente de Monster (por estar rematadamente tolos no deseño) ou por Neyra, pero a cousa estaria realmente dificil e complicada.

Eiquí vos deixo un par de enlaces interesantes:

Neyra Fins: http://neyrafins.es/

Monster: http://amazinghorrorsurfing.com/

Grandppa: https://www.facebook.com/GrandppaCustomShapes

Chusma: http://chusmasurfboards.blogspot.com.es/

Iron Mountain: http://ironmountainsurfboards.blogspot.com.es/

DEIXAR UNHA RESPOSTA