Non é que queira falar de secret spots ( o que ven a ser en galego “recunchos caralhudos para aboiar”). Pero o fin de semana pasado si que entendín bem porqué moitas veces a xente e recelosa de falar de onde surfea.

Esta fin de semana tocou subir cara o norte e de paso estrear a furgo de Sil. Primeiro decidimos tirar cara a costa lucense, para as praias que están o redor da praia das catedrais.

Por degracia non somos moi amigos de grandes masas de xente… e o que o Sábado atopamos pola zona non me pareceu nin medio normal. Parecia aquelo a romeria do santisimo corpiño…. minha nai querida…

Así que decidimos tirar de comida (unha pasta bem boa) dar unha voltiña, e se as cousas seguian así retirar para outro lado.

Fomos dar a unha praia pequena pero que dende arriba viase que podiamos rascar algo. Así que ala fomos as 9 da noite aboiando nunha auga que realmente estaba quente, algo brava eso si, pero quentiña e na que disfrutamos o que puidemos e soubemos (inluso ata puiden afrontar unha “parede” co 6.8 de Sil.)

Logo tocounos mover a furgo porque resulta que estaban en festas ou romaria ou non sei que caralho e o día seguinte había sesión vermut cunha orquesta e todo…

Pero o melhor estaba por chegar, o dia seguinte literalmente podemos decir que cansamos de pilhar olas, estábamos 3 na auga, un deles frances cunhas oliñas que rompian con moito seixo, tanto de esquerdas como dereitas… e estaban tan bem que ata me permitin acercar os dedos do pe pola puntiña da taboa… incluso tamen collin algunha ola que ainda non rompia… unha gozada a verdade.

Que onde e este sitio no norte que para non ter previsión ningunha e con vento cruzado funcionaba… ah… pois non volo digo, así disfruto pra min dela as proximas veces que vaia.

 

pd. está claro que se me conhecedes polo facebook podedes preguntar que vos digo sen problema onde foi.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.