Xa o ano pasado tinhalhe ganas, así que de este ano non pasou. Por sorte para rematar de facer un finde perfecto, tamen baixaron Suso, Olalla, A xente de MX surfboards, os de Cormorans… vaia… o final a costa da morte (Death Coast para os que espumean de mais).

Chegada minha o Venres de tarde, todo tranquilo e xa tarde de máis para meter no mar, por non falar que a praia de Montalvo non e moi agradecida para o longboard…

A cuestión é que o pouco de chegar eu tamen chegou Suso e mais Olalla así que tocounos ir mirar o ambiente que se respiraba no Kannion Surf Bar, cos primeiros grupos tocando e a cear.

Foi una retirada temprana, sobretodo porque a xente que competía tinhan o checkin as 8 da manha…. (que tipo de festival é este…)

O día seguinte aquí un servidor estivo bem agusto como para ir ver a competición xusto as 8… cousa que non foi moito problema porque ata as 10 non se comenzaba.

Eu pouco podo opinar da competición porque na vida vira unha competición de longboard “normal” (estaba acostumbrado o que se fai no Motorbeach) e podía estar mais ou menos dacordo cos resultados pero vaia non era a minha misión puntuar jeje.

O importante era animar a Suso (Surf costa da morte)  ou a Toni (Cormoran)  ou a Iago (TPS) ou Cesar (TPS) Nico (#nikidora) así que aló fomos.

As condicions do mar eran desastrosas… tipico día que nin pensarías en meterte, pero esta xente alá iba facendo cousas que eu nin pensaría se podían facer tan rapido en ondinhas que pechaban de golpe sen rompente.

O final o Open foi para o gran Iago (Formosel TPS) cousa que personalmente pareceume xenial porque era algo que tinhamos claro, sobretodo Suso despoixa de tocarlhe na segunda manga con el jeje.

Deixo un par de fotos de Suso nos momentos máis destacables (tendo en conta as condicións que tinhan os pobres…)

Logo tocou comer polo Kannion (de verdade tedes que ir ainda sexa so por comer) o que Toño e capaz de facer nunha cocinha tan diminua e cunha parrilla é digno de saborear. Por non decir que o bo ambiente que existe en todo momento e algo xenial.

Pola noite… que vos podo decir,  festival e Rock… grupos bem divertidos ata que o corpo aguantou (o meu suele retirar pronto jeje)

O domingo espertamos coa carretera cortada… polo que non podíamos mover a furgo para nada… (seica había unha proba de triatlon ou algo así) pero bueno… mentras non pasaba xente… unha carretera asfaltada mais ou menos recta para carvear… así que aló estivemos.

Eso si… no momento que puidemos arrancar as furgos todos directos a Lanzada para ver se podíamos safar o domingo…

Que o final menuda triunfada de día. Surfing session acompañado de grandes e con moi boas sensacións.

Ademáis hai que destacar que estaba de estrea de quilla. Si… por un extraño motivo tanto Silvinha como eu optamos por usar o mesmo (ou case) shape de quilla… ainda que o estilo de ela e bem melhor que o meu. De eso non podemos discutir… jeje sempre tenho a escusa “claro… pesa pouco…” pero bueno… o flow e o estilo e indiferente do peso… e esta mulher ten moito (así que para o ano preparadevos que entra en competi)

Por certo, tenho que destacar o regalazo da xente de KarmaFins. Unha pedazo quilla de single a escala. Feita a man… non quero nin pensar o tempo que esto pode levar a falar de dimensións tan pequenas.

Aquí tendes unha imaxe do meu instagram (@Sr.Rodaballo) para que vos podades facer unha idea do curro que esto pode ter.

Tamen a podedes ver en persoa colgando na propia furgo.

Outro momento realmente bo foi a charla/clase de Sampalo Bishop… non imaxinades todo o que se pode correxir en algo tan básico como a remada.. de 10!

Dende aquí aproveito para dar as gracias a toda a xente que fai posible o Rock&long, tanto organizadores como xente que asiste, porque realmente un sintese como en familia… e o final é o importante.

Tamen un saudo moi grande os nosos vecinhos asturianos. A xente de Hangteen que facía moito que non os via e sempre da gusto ver esta xente na auga e escoitalos.

Ahhhh… por non decir que aquí un servidor levouse un pedazo cd de Family Folks (all the lost causes) e non imaxinades o bem que soa… Bueno pero podes gastar uns euriños e mercar o cd/vinyl ou incluso escoitalos en Spotify.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.