As veces o mar cambia dun día pra outro, de feito cambiou moitísimo do Domingo (día de longboard, relax, canais bem marcadinhos…) a onte cando fun… parecia inverno!

Pero tinha ganas! e mais despoixa do viaxe dunha hora dende Compostela.

Así que foi unha hora onde so colhin espuma, eso si… espuma de case 2metros e con forza que me permitian ata xirar (Gracias Suso polos conselhos). Levaba xa unha temporada algo baixo de moral cando colhia o 8.6. Pareciame pesado, dificil de mover e con pouca chicha. Pero o outro día disfrutei mil, certo que foi moito palizón para entrar, e case imposible chegar a picos que soen ser os “bonitos” pero alí estaba eu como se soupera o que facia colhendo espumas que rompian e volvian a formar ola como se o fixera toda a vida.

So foi unha hora, algo rápido (demasiado canso eso de remar contra olas sen canal) pero paseino de vicio.

¿e vos, a que agardades para aboiar?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.