Este fin de semana tocou tirar cara o norte do pais. En concreto colhin o sábado a T3 (a puta llama) e carretera cara Pantín e cercanias.

pantinO primeiro punto onde aterricei foi Pantín, tinha esperanza se puidese rascar algo, pero cheguei coa marea moi baixa e as ondinhas que chegaban caian moi a plomo, polo que optei por quedar un rato mirando o espectáculo a ver como facian o resto dos surfeiros.

Como era de esperar a mitade da xente chegaba o aparcamento e despoixa de mirar como estaba o mar decidia tirar cara outro lado.

Eu quedei un rato, non tinha presa, pero o final optei por tomar un café e ir mirar a Valdoviño como estaba o mar.

Como era de esperar Valdoviño tinha un pouco mais de forza, así que decidin meterme… Pero sain na seguinte hora porque pasaba mais rato debaixo da auga que sobre ela. Moito mar entrando sen xeito… primeiro unha de dereitas logo esa misma aparecia de esquerdas, ou rompiame encima… un desastre vaia… Así que un sabe cando está melhor fora que dentro que aló que foi.

Como a tarde tinha xa encima decidín ir o mesmo lugar onde pasamos San Xoan este ano. Un sitio bem bonito, algo afastado do mar (afastado para o que estamos acostumados)  pero onde soen entrar unas ondas ideales para o long.

olinasDespoixa dunha noite de choiva, choiva e mais choiva, amenceo cun ceo despexado e un mar que quería levantar algo.

Foi cuestión de esperar, segundo estaba a marea medio/baixa optamos por entrar a ver se podiamos aboiar… ou polo menos non cansar posto que podiamos ir caminhando cara o pico (ainda que sempre se vai mais lento que remando)

O dito, foron un par de horinhas do melhor, esa zona sempre nos salva o finde.

Ondinhas de dereita e esquerda, dignas de foto e con nos enriba e case todas rompendo bem marcadas.

A verdade e que foi un fin realmente bo, quitando o de durmir pasando frio que me tocou papar un chisco de frio 😀

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.