Como ven sabedes gústanme moi moito as T3. En concreto gústanme as paneladas, sen engadidos externos que lhe modifican a altura, e a poder ser, como diría Raul, canto maís garrula melhor.

A minha T3 reconhezo e lenta, pode que ata incómoda para conducir, con moito ruido dentro e con cousas e botóns que non funcionan… esto non é novidade… pero ainda así cada vez que a vexo gustame.

Por fora fun facendolhe tonterias, que se un logo GTI (made in aliexpress, posto que a minha furgo e un simple 1.6D). Que si uns estribos, unha baca, e pequenas cousas para tratar de que ainda sexa mais a “puta llama”

Ainda lembro o día que fumos a por ela. Viaxamos ata Vitoria. Aló conhecimos ós mais frikis de VW como Mikel, cun talher cheo de cousas que levaría para a casa. Dende aló en grua cara Compostela viaxou esta T3.

Unha T3 un tanto peculiar, ten duas portas lateraís, un engadido na dianteira que son luces largas. que o principio non me convencía nada… ata que se fixo un día de noite… e unhas llantas de ferro cromadas que molan moito.

Sei que a furgo está moi alta, moito maís do que me gustaría, pero… non imaxinades as leiras polas que temos que pasar as veces… e así sempre da menos medo.

Por dentro no seu momento xa estaba como furgon vivienda, o que me permite entre outras pasar itv cada ano e non cada 6 meses. O único que os mobles que tinha non estaban moi aló, pero nada que o meu Carpinteiro-Actor-Apicultor-HomeParaTodo Dani Trillo non poida arranxar.

Así que nunha primeira fase fixeronselhe uns mueblecinhos nos laterais para gardar 4 tonterias e poder adaptar os colchons que xa traia. Agora noutra fase meteranse un mais por dentro para poder cocinhar e comer.

Ainda faltan moitas cousas por facerlhe, pero bueno mentras tanto ahí estamos.

Si, sei o que estades pensando…

Unha furgo con teito elevado e mais cómoda (correcto).

Co que vas gastar nesa podes comprar una T4 (correcto). Incluso custaría menos.

Onde esté unha GV que se quiten as demaís (correcto).

Esa merda non anda nada. (correcto). Pero o consumo e proporcional.

Eso gasta aceite. (correcto)

E podriamos seguir así todo o día… pero bueno… T3 Up&Slow

Por certo, todo esto bem, porque o outro día cando chegamos a Espasante para aboiar había un par de rapaces de Austria. Un deles parece que lhe molaba moito a Furgo, e pediume se podiamos facer algunha foto.

Dixenlhe que si, que as que quixera sempre que logo me pasara algunha. Por un momento pensei que nunca mas iba mandar… pero este fin de semana chegaron via e.mail (a primeira vez de todos os que conhezo que me din que me sacaron fotos pero nunca chego a velas)

Así que espero vos gusten, e de paso podedes botarlhe un vistazo ó seu instagram:

https://www.instagram.com/_ausgeloest_/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.