Algo que sempre me chamou a atención era a cantidade de “Only Locals” ou similares, todos facendo unha clara referencia para que a xente que non fora do sitio que marchara para a casa ou a surfear “no caralho”

Cando miraba estas pintadas pensaba que a xente non estaba bem de seu… que compatir o entorno, e mais olas coma a de neminha, tinha que ser casi unha obriga…

Pero o sábado fixemne unha idea do porqué.

Cando eu ando no mar aboiando trato de molestar o menos posible, posto que non che son un surfeiro como tal (e o que ten levar so este ano polas olas), pero sempre hai moi bo ambiente, a xente “local” sempre está de bo roio, axudando no que poden e explicando como facer as cousas. Pola contra… en nemiña hai algún que outro aleman agobiado pola vida…

Refirome agobiado pola vida, porque protestan por todo, queren colher todas as olas, e pasan de calquera cousa que non leve un aleman de por medio…

Nese momento, no último sábado de agosto no que fixen surf… percateime do porqué do “Only Locals”

En serio… se non levas bo roio no corpo… non entres na auga.

COMPARTIR
Artigo anteriorSaindo de Rostro
Seguinte artigoo mar

DEIXAR UNHA RESPOSTA