Ultimamente este humilde rodaballo estase encontrando cada vez máis e máis discursos de xente que fala dos locais…

Os Locais, se eres un novo neste mundo do aboiamento pode que penses que os locais son garitos de moda onde tomar unhas cuncas… pero non, os Locais son xente que por algún motivo que non comprendo creense (ou son… desconhezo) asiduos dun lugar e así o levan por bandeira..

Gustariame facer unha reflexión sobre este gando chamado “os locais” ou a camorra tristona das olas…

Cada vez tenho máis conciencia desta xente, por sorte nunca vivín en persoa ningunha experiencia mala nun pico, pode que por ser un fulano que mide 1.85, rapado e con patillas… non sei se imponho… suponho que na auga, mentras trato de aboiar e non afogar… moito non podo impor.

O caso e que si tenho escoitado experiencias, tanto de xente que conhezo en persoa como de xente que leo nas redes sociais. Pero, ¿Que é un Local realmente?

Entendo para min que un local e unha persoa que reside nas inmediacións da praia onde se fai surf. No caso de Locais en nemiña… considero que sería a xente que vive arredor da praia… básicamente sería Ana do Saburil e compañia… o resto… o resto son/somos foraneos ?non¿

Pero resulta curioso que xente de Ferrol, ou xente de Muxia, digan ser locais de Pantin e Nemiña respectivamente… entón, a minha premisa e incorrecta. A cercania ó Spot* non fai a alguen local.

Entom un local… será unha persoa que surfea moi a menudo na zona… pero… ¿Canto e moi a menudo?. Eu levo algo máis dun ano aboiando aprendín en Neminha,  soe ser o lugar onde máis vou, e non sempre atopo a mesma xente, algo que me encanta. Atopome con xente como Ruben, Suso, Enrique, xente que conhecin ahí e que polo normal vexo ahí… son locais? para min son amigos e no pico para min todos son amigos… de feito o outro dia en nemiña estaba xente de vigo, como a xente de Machete… e non eran menos locais ca min… nin pensaba en non deixarlhes olas para colher…

En fin… os localismos parecenme absurdos… eu farei surf e aboiarei onde queira (e sobretodo onde poida) e espero que nadie me recrimine en plan “donde estabas tu cuando aqui no habia olas y estabamos los de siempre surfeando en medio metro” porque direilhe que estaba eu soiño en nemiña tratando de pelexar con espumas de 2 metros e correntes que non me deixaban entrar a aboiar.

Por sorte, esto son 4 papaostias, o mundo do surf, o mundo do long é algo incrible de moi bo ambiente e unha xente estupenda que sempre está para axudar.

Si, onte fun a nemiña… estaba eu so… e despoixa de ver o mar e ver que era jodido facer algo (colhin 2 olas despoixa de 1h remando) decidin que era melhor deixarlhe o mar os locais jejeje.

 

Spot: punto onde se fai surf, e que queda moi pro cando sabes facer surf.

DEIXAR UNHA RESPOSTA