Non queres caldo… pois toma duas tazas.

caldo post ondalonga

Este ondalonga case surxe da nada, dun dia para outro avisan de que temos condicions optimas para surfar esta, considerada a mais longa da Galiza, onda que se adentra na ria de Betanzos.

Antes de continuar como foi o meu ondalonga, o primeiro e dar as gracias a xente da organización. Esta xentinha sen esperar nada a cambio organizan e montan unha manhá incrible. Con caldo e empanada asi… by the face.

O caso, Despoixa de confirmar que a inscripción é as 9 da manha dun Sábado toca por a alarma e prepararse todo o necesario… que ponho o despertador as 7 da manha, que entre almorzar e cargar tablón a cousa levame tempo como para chegar as 9.

Pois aquí o crack… non sei nin como nin cando… decide apagar a alarma e durmir como se nada.

Cando por fin abro os olhos… atopome pensando “que de dia é” e acto seguido reviso a hora. Efectivamente eran as 9 da manhá, xusto nese intre a xente estaría facendo as inscripcions… a uns 50km de min.

Nooo pasa nada. Erguemos, platano, café e pista.

Autopista e uns cantos km mais tarde chegamos o evento. Aparco onde primeiro atopo (coa sorpresa de que e xusto o carón da casa de Rubén) e acercome a ver se levan moito na auga.

Por sorte ainda están de camiño, polo que 2 lentillas mais tarde estaba eu baixando para remar.

Rema, Rema, Rema… parece que este ano a corriente non tira moito ria arriba e podese chegar o “pico”

E alí estou rodeado de tablons e bo ambiente, remando todalás que puiden e aboiando outras cantas.

Descanso tablonero.

Ainda que non estabamos todos, si había os mais representativos deste mundillo, non creo que eu sexa un deles, pero si grandes shappers (e tamen tomagoma… que se lhe vai facer 😛 ), por suposto grandes asturianos, de feito a maioria do licorcafé que había en premios levaronnos eles… puxa asturies!

Despoixa de un par de horas na auga… ou foron 3 non sei, tocou regresar. Grandes charlas con xente que non vexo tanto como quixera e algunha que outra charla que quedou pendiente… non era o momento nin o lugar suponho.

Como o meu mobil está así así non hai moitas fotos, Pero aquí un atacou directamente a Iago e a Jesus así que tendes algunha foto para ver.

Por certo, grande o momento caldo, sen duda a melhor forma de recomporse despoixa de mais de 10km remados.

E pouco maís, logo a xente empezou a retirar, algúns iban comer xuntos outros retiraban a casa coa familia, etc, etc, etc

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.