Como moitos sabedes este ano non puidemos difrutar da organización do Ondalonga, pero o Señor Carlos Pisku que andaba pola zona avisou de que seguramente o domingo tivesemos as condicións pra meterse nese pequeno triangulo formado pola ria de betanzos sada e miño.

Así que como facía mil que non veía a Carlos (seguramente dende o Motorbeach) e como era un domingo que non había plans, pois de cabeza que fomos.

Quedamos as 9 da manha, por sorte non quedamos no punto “normal” de saida do Ondalonga, senón do outro lado, pegadinhos os picos… bueno pegadiños… pegada a que nos tivemos que dar a remar…

A verdade e que a ultima vez que fora recordaba que esas ondas tinhan algo máis de forza, pero pasamolo bem, remamos, remamos, remamos, e aboiamos pouco, porque se deixabamos de remar a corriente metianos na ria…

Pero bueno, sabíamos ó que nos agardaba, ainda así se o próximo ano nos din de regresar, regresamos. será por remar…

Como sempre un pracer atoparme con toda-la xente na auga.

Non tenho outra foto, porque a caminhata acara a praia tamén era xeitosa, pero de paso presumo de puta llama.

DEIXAR UNHA RESPOSTA