Que fan 3 novatos novatisimos en medio dun montón de xente pro… pois aboiar… bueno mais que aboiar… remar… remar e se quedaba duda… remar..

O pasado sábado tocou madrugar, as 9 da manha tinhamos que estar en Begondo, na entrada da ria para o Ondalonga 2013, unha reunión de longeirons, tablons de mais de 8′

A verdade e que chegar foinos sinxelo, autopista e en betanzos localizar a ria. Alí chegamos, con moita xente que se conhecia de “sempre” e moi bo ambiente. Rapaces, xente maior, todos dispostos a meternos na ria a pillar unhas das olas mais largas do norte da Peninsula Iberica.

O que non sabia eu… era todo o que tinhamos que remar… algo asi como 1000m de remada e caminhar polo rio/mar/ria ata chegar ó pico.

A verdade e que esta xente ten un fondo físico admirable… eu sinceramente non puiden chegar o pico mais lonxano que tinhamos, os brazos non me daban mais e cada vez que deixaba de remar pois regresaba case o punto de partida.

Por este motivo quedeime nun pico mais cercano, baixiño (teria medio metro) pero moi longo (sobretodo para o que eu podo facer) e ali estiven 1h mais ou menos ata que xa canso e co frio extremo nun pe (irónico… so tinha frio nun pe…) decidín dar por rematada a sesión.

Foi incrible ver o bem que surfea esta xente, caminhando sobre a taboa e sempre cun sorriso.

Un dia de 10.

COMPARTIR
Artigo anteriorCoñecendo Ancoradoiro
Seguinte artigoXogando co 6,8

DEIXAR UNHA RESPOSTA