O aprendizaxe ten duas partes, por un lado a practica, fundamental caer na auga varias veces, non únicamente para aprender senón para que no intre que aguantas mais de 2 segundos sobre a taboa sintaste o rey do mundo. Pero tamen ten unha parte teorica fundamental.

Hoxe vin un artigo moi bo da xente de Costa Surf, en concreto o artigo chámase “10 buenos consejos para los que empiezan a hacer surf” (case case leva o meu nome, así que nada melhor que enlazalos para que podades leer e de paso falar un chisco da minha experiencia como aprendiz.

Os seus puntos principais son os seguintes (vou falar entre lineas)

1.- Empieza siempre acompañado de alguien.

Fundamental meu… primeiro por seguridade, segundo por seguridade e terceiro para non desesperar (e por seguridade). No meu caso, como dixen algunha vez, o primeiro que fixen foi buscar unha escola de surf, en concreto eu recurrin a escola “Surf costa da morte” cun cursiño de 4 dias no que habia un chisco de teoria, unha iniciación adecuada e sobretodo moi bo roio.

Cando falo de por seguridade… e porque de repente vaste meter nun sitio con auga, con mareas, con corrientes e ti, eu, e ata o home do saco, temos 0 experiencia (sobretodo se coma min ves de ourense)

Non fagas o tolo… que como te despistes a factura do helicoptero do 112 pode ser bonita…

2.- Al principio compra tu material de segunda mano.

Material de segunda man, ou material “low cost”. Podes recurrir a material novo do Decatlhon ou incluso taboas raptor que son bonitas e baratas.

Importante sentirse cómodo, non merques un neopreno de 7mm porque valo pasar realmente mal. Este e outro motivo polo que recurrir a unha escola de surf, eles poden aconselhar e axudar en calquera duda (como fixeron conmigo)

3.-Elige el material correcto.

Pois maís do de antes, cando aprendas necesitas unha taboa que flote moito e sexa bem grande. Non son as mais bonitas, non son as chachis pros pero podes estar de pe e colher olas… cousa que se non o fas como minimo 1 vez a hora vas sentirte como unha merda e remataras deixando o surf (e nin pasaras pola fase de aboiar)

4.- Ponte en forma.

OH… gran conselho… sobretodo se vas ir o Ondalonga coma min… e a mitade de caminho o pico estas que non das levantado un brazo…

Non fai falha que sexas un pro da natación, nin que aguantes a respiración 4 minutos… pero todo axuda. Este e un punto que eu tenho que melhorar moito moito.

5.- Es mejor aprender en verano que en invierno.

Bufff.. como dixen nalguna anotación anterior… no veran as praias parecen lagoas e no inverno temos olas de 4 metros… Se estas aprendendo as escolas tenhen as melhores datas dependendo da zona… Eles poden decirche cando e melhor.

Recorda que con choiva podese facer surf, pero se tes moito mar de fondo… por moito sol que faga non te metas.

6.- Si estas aprendiendo a ponerte de pie no te metas al pico

Se ves que a ola e mais grande ca ti sentado na taboa… e estas aprendendo a porte de pe… non te metas…

Primeiro porque o vas pasar mal, Segundo porque vas estorbar e Terceiro porque para o que vas facer non necesitas eso.

Todos empezamos, ninguen naceu aprendido e nadie ou case nadie vaiche criticar por estar onde non debes (igual levas un tablonazo por despiste eso si)

Creeme.. cando estamos aprendendo a “espumilla” vai perfecta, non son paredes, pero darache a sensación de que estas metido no maior pico do mundo (ainda que sexa una espuma de 30cm)

7.-RESPETA LAS NORMAS EN EL AGUA.

Bueno, eso na vida en xeral, non fagas os demais o que non che gustaria que che fixeran a ti. recorda que se a ola ven de dereita o que esta a tua dereita (e polo tranto mais proximo o pico que vai cerrando) ten preferencia… deixao pasar, ademais podes levar unha boa se el non te ve

Pero tranquilo, tampouco quero que nadie se asuste que nadie vai ter problemas por estar aprendiendo e fastidiar unha onda a un que sabe… pero como o fagas con cada pico algunha bronca si vas levar. Pensao como estar na cola da compra, podes pasar unha vez e pedir perdon, pero se o fas sempre…

8.- Cuando creas que ya vas rema un poco más.

Básico, rema, rema e cando penses que empeza a taboa a ir soa, dalhe 2 brazadas mais.

9.- Se puede aprender a hacer surf desde fuera del agua…

Como dixen, parte teorica, mirando videos, leendo xente coma a de CostaSurf e sobretodo na praia.

Eu o que fago antes de entrar e mirar que xente hay, onde estan, que nivel tenhen, e despoixa de pensar 2 o 3 veces “que cabrón” polo que esta facendo na auga.. eu metome onde non moleste pero sen estar soinho aboiando.

10.- DISFRUTA.

E aboia… e fai o monas mentras esperas a secuencia… pero como se di… non e melhor surfista o que mais olas pilla senon o que melhor o pasa.

 

De novo invito a que leades o artigo desta xente, a ver se o lee moita xente gracias a min e ragalanme unha camiseta ainda que sexa (talla M, color escuro jejeje) e broma… pero realmente pasade pola sua web, son boa xente.

COMPARTIR
Artigo anteriorVenres de Orilleo
Seguinte artigoEstas aprendendo

DEIXAR UNHA RESPOSTA