Gustaríame pensar mentras escribo esta entrada en que o melhor sería estar calado, non falar dun spot ou lugar onde poder aboiar con unas olas perfectas e sen xente… Pero estamos a falar de Neminha, todo o mundo conhece este lugar.

Neminha e un paraiso do surf e do bo roio en xeral. Excepto se ves no verán, que estará cheo de alemans obsesionados con colher toda e cada unha das ondas… todo con moita prepotencia ata que lhe metes un tablón de mais de 9 pes nas costillas… entón calman.

Pero as veces, algunhas veces ocorren pequenos milagros. Estes milagros no son mais que unha suma de consecuencias, por un lado inverno, o que nos elimina os turistas que parece que necesitan sumar ondas a toda costa. E por outro lado uns fondos bem ordenados y un tamaño digno para calquera tablonero.

En resumidas contas. Aproveitando o festivo do martes, directamente arranquei para Nemina… algo tarde cheguei seguramente, pero madrugar non é o meu.

O chegar algo raro, un pico e fondo funcionando perfectamente para os pro de taboa corta, entre eles Brais e Cabana aproveintando a tope. Por outro lado un pico enfrente meu solitario… Si, o que vedes na foto, unha e outra vez, sen parar, da igual a marea estivera subindo ou alta… tiven ondinhas para aburrir.

Eso si, despoixa de 4 horas non podía coa alma…. Pero a imaxe de “todo para mi” quedará gravado… así que cando nos vexamos no veran en neminha, e todos esteades pelexando pola preferencia, eu seguramente estea pasmando recordando o dia de onte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.