1 de novembro, recordo cando era un cativo, era un dia para ir limpar as tumbas (nunca entedín eso de limpar tumbas, tampouco entendo o de enterrar a xente e ir rezarlhe… bueno de feito hai taaantas cousas que non entendo nesta vida…

O caso, Venres festivo, 1 de novembro, miraos a previsión. Nemiña seguramente cun canal moi forte, Rostro… imposible para o meu nivel de surf (sobretodo se fai uns dias Rubén partiu taboa nesa mesma praia). Así que mirando a previsión a zona mais tranquilinha e posiblemente protexida era Razo.

Dito e feito. As 12 estabamos na praia, flipando coas oliñas que viamos, tranquilamente 4 metros e tubos incribles… menos mal que eso era o fondo e nos tinhamos unha boa espuma antes na que poder aboiar (sempre de puta madre e con moitisimo flow jeje)

A verdade e que me encanta o meu long, pero as veces con este mar si que se bota en falta unha taboa mais corta, pode que non para facer cousas complicadas, pero si para poder facer o pato e non ter problemas cando chega unha espuma de algo mais de 1 metro.

A todo esto, xa empezo a xirar, e decir, porme de pe non é un problema, agora esta empezando o divertido de verdade. Aboiar de pe.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.