Onte por fin chegou as minhas mans unha taboa nova, un blunt 9.2 que empezou a xestionarse no motorbeach deste ano e que xa está no meu poder.

De todo-los posibles shapers optei por Neyra… o motivo? pois pode ser que foi co que máis conxenhei, ainda que Roman ou Chusma tamén os tiven preto sempre, pero vin un blunt de Neyra e non puiden decir outra cousa que “quero un coma ese”

Se queredes velo en cor, podedes pasarvos polo facebook de NeyraFins e ver as cores, en concreto roxo, branco e azul (a pesar que ten 3 tipos de azuis e ata ten negro e gris)

Realmente impresionante os acabados de este home, pensar que e todo resina tintada que non hai cores e impresionante… sinceramente xa me tarda metela na auga a ver se aboio melhor ou peor 🙂 en concreto estamos falando que paso da minha predator 8.6 a un 9.2 así que espero non levar moitas ostias… sobretodo por non aboiala.

O dito, cun pouco de sorte o sábado tocará Nemiña e poderei lucir tablón juapo juapo 🙂

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.