Levaba tempo sen meterme na auga, polo normal a costa da morte e incluso as rias altas non son un bo lugar para aboiar en inverno, se xa o decia o Peman, con olas de ata 5 metros.

Pero de vez en cando os astros alineanse, e tenho a sorte de ser a persoa máis feliz do mundo, esa persoa que recorda que o momento tan perfecto que tería que ser fotografiado, pero que a vez e tan perfecto que fotografialo sería perder tempo nunha acción tan vulgar.

Durante a semana pasada puiden subir a aboiar polo norte, esto polo xeral e a excusa porque o bo de subir e ver a rapaza mais juapa que conhezo e que tenho a sorte de que me atura de boa gana. O caso e que subín, tiramos de furgona e decidimos que co long non se podia aboiar nin en Pantín nin moito menos en Valdoviño.

De casualidade atopamos unha pequena entrada nunha ria, non… non e ondalonga, e dende o alto pensamos ibamos ter unhas orilleras de espuma que non ian ser gran cousa, pero non foi tal.

Penso tinhamos metro, metro e medio, de olinhas bem xeitosas, pode que con pouca forza nalgún punto pero si adecuadas para o noso gran nivel.

Nun intre dinme conta do pleno que me sentía, esta aboiando, en decembro, o sol pondose, nese intre que, so uns poucos sabedes do que falo, no que o ceo tingue de cores alaranxadas, que as espumas que venhen parecen que están esperando por nos e que en toda a praia so estabamos dous, e unha das persoas que mais quero estaba o meu carón, sorrindo e penso que feliz.

Nese intre, nese mismo momento dinme conta do máxico que era e do afortunado que me sentía, da falta que me fai e do bem que o paso.

posdata: como tinha que publicar algunha foto, aquí tendes o chaveiro que me regalou para a furgo, aboiando e a puta llama.

DEIXAR UNHA RESPOSTA