Desto que arrancas un sábado de manha, sen mais finalidade que afastar da capital e atopaste un fin de semana case perfecto.

Tenho que reconhecer que en principio tocábame moto coa familia… pero entre pitos e frautas o final decidín que arrancar e pasar o finde “a mi bola” era o melhor… Que o final a mi bola poco…

Foi chegar a Nemiña e ver todo percal, non moito mar, pero si o xusto para long (e para o meu nivel que está en transito entre aboiar e parecer unha necora encima do tablón… pero bueno… ahí andamos mirando a ver se podemos solucionalo.

O sábado estaba con vento de mar… non molaba moito porque rompía todo-los picos, ainda así algunha colhimos de manha e algunha mais de tarde. Como sempre desfrutando do entorno e da compaña… posto que o numero de nemiños aló metidos era interesante.

Pero o bó chegou o domingo. Pouco mar, pero sen vento… con dereitas e esquerdas largas que rompian non moi aló, pero que permitian remar pouco e disfrutar moito.

E aló estabamos, un domingo, metidos todos na auga e coa compaña de Kepa que apareceu aló xusto cando apenas levaba un mes entrando de novo na auga. Menudo estilo o de este home… o final notase non so a experiencia senon tamen a forma de ser.

Unha xornada incrible, ademais tenho que decir que conhecín a @waneedo que é a fotografo dos nemiños e que sin ter que extorsionar en nada ata me pasou unhas fotos do meu estado necoril no tablón.

A todos os que facedes nemiña tal e como é. Vemonos!

Tenho que decir que Vanesa xusto me pillou na onda que estaba tratando de facer un floater… si… se me dedicase a a aprender a pechar mais as pernas e menos a facer tonterias todo iria milhor…

pero… ye lo que hai…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.