Curioso, nunca fixera unha entrada de motos, pero antes de ser “surfista” aquí un tunante é motero.

Dende fai uns aninhos un servidor e motero. Pero dos bos, de ir de ruta cos colegas e rematar tomando algo ou comendo (lease pulpo ou churrasco).

Primeiro tiven unha bandit, duroume uns anos ata que notei que me gustaba viaxar e merquei unha vfr novinha do trinque, ainda recordo o dia que meu pai e mais eu fomos a buscala a Vigo.

Anos despoixa chegaría a 1198, que vos podo decir de ela, diseño italiano… tanto pro bo como pro malo jeje.

Onte tocou sair a recolhela que ainda estaba pola tenda do meu compadre e as tasas de parking empezaban a ser duras jejeje.

Así que tanto a ducati como a triumph de Esteban pisaron asfalto para facer Coruña – Compostela pola tediosa nacional que une estas cidades.

Como curiosidade comentar que paramos onda uns da benemérita falando da melhor ruta pra chegar a compostela… e a melhor resposta que me deron nunca.

Melhor vai por aquí que hoxe non está posto ningún radar

Xa vedes, as veces ata son uns cachondos estes de verde. Vémonos na carretera, ou no mar, ou nos bares como dician Celtas Cortos.

 

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA