Seino, o motorbeach rematou o 26 de Julio… e vou bem tarde para decir que aquí un servidor estivo outro ano maís pola praia da espasa disfrutando de este festival e da organización que xente como Pau leva adiante cada ano.

Outro ano mais, penso o terceiro, no que nos desplazamos invitados polos son agresivos do rockabilly, pola promesa de augas mornas e de xente tola, ata a praia da Espasa, a escasos km de Colunga onde se festexa un dos festivais maís prometedores do ano. Por supuesto o Motorbeach.

IMG_20160722_145524 O Motorbeach mezcla duas culturas bem diferentes e a vez irmans. O surf e as motos. Pero no esperedes ver taboas cortas e aereos, o Motorbeach invita a subir en longboards e poder disfrutar dese ritmo polas paredes de pequenas olas.

Tampouco busquedes panigales, ou R1, ou gsxr1000 o motorbeach e sinonimo de caferacer, de motos modificadas ata que desconhezas a marca da que partía e moitas veces con grandes referentes como Rusell coa suas motos e a sua forma de vivi-lo festival.

Pero eu non vos vou decir que é o motorbeach, so quero falar da minha experiencia destes anos, do que me gusta e do que extraño.

Fun o Motorbeach en furgoneta alugada, en seat 600D e este ano nunha VW T3 (a puta llama para ós amigos). E cada ano disfrutase dunha maneira.

Este ano puidemos disfrutar da maior afluencia de coches americanos ou muscle cars da historia do motorbeach, realmente bonitos poder pasear o seu carón dentro do recinto.

Tamen este ano tinhamos cantidade de postos de roupa / artesania / accesorios pero por desgracía o 90% era para cafe racer. Como vos digo este ano botei en falta máis cousas de surf, parece que os cafeteros están quitandonos espazos… a ver se nos pomos as pilas pro ano.

IMG_20160722_144253

Puidemos encontrarnos con conhecidos de outros anos, como Senen ou Danuto, que por desgrácia so podemos ver uns dias o ano, ainda que o entorno e do melhor que podemos atopar.

Este ano a ruta de moto parou na entrada de Arriondas e logo regresamos polo Fitu, gran ruta, ainda que a VW T3 costabalhe “a dios y a su madre” chegar ata a cima sen quentarse… pero moitos dos amantes dos trastos antiguos sabedes que todo se soluciona pondo a calefacción no interior… 😀

IMG_20160722_201604 Pero a festa non queda so en rutas e surf, pola noite grandes grupazos de música. DR. FEELGOOD, Sex Museum, THE GODFATHERS… aquí non se escoitan tonterías, a música as motos e o surf son cousas moi serías no motorbeach.

En fin… foron 4 días sen parar, cansos pero bem contentos, con pequenos faios de organización pero con moitas noraboas por parte dos asistentes… así que so podo decir, que xa me tarda empezar a ver como se move o Motorbeach 2017 para tratar de por o meu grao de area ainda que sexa bebendo cerveza.

IMG_20160722_214144

DEIXAR UNHA RESPOSTA