Creo que despoixa de este tempo que levo aboiando si podo falar dende a minha situación de surfista (malo) e do que vou vendo nas praias nas que aboio e nas que ademaís hay monitores de surf.

Antes de comezar, tenho que decir que eu comecei no mundo do surf asistindo a un curso de surf, polo que se estades comenzando neste mundo recomendo que vaiades a un curso de surf.. ou a unha clase.. Pero tende claro unha cousa, neste mundo de auga salgada, hai monitores de surf e monitores de surf.

O surf vai chamando por ti, o surf non é auga, foam e ondas… O surf ten algo mais, o surf e unha forma de vida, coordinar cando vas comer para poder meter na auga no melhor momento é un claro exemplo do que vos digo.

O surf é as amistades que fas na area, as explicacións de xente que antes era desconhecida e convertese en amigos. O surf e cando ti para comer fas pasta e outro contribue pondo o vinho, ou o postre, ou os platos, ou queixo…

Con esto quero decir que o surf e unha forma de ver as cousas.

Partindo de esto, e da minha experiencia do que vexo na auga (pensade que aboio de puta madre e dame tempo de analizar e xulgar a todos os que estades o meu arredor), tenho que falar que neste mundo hai monitores de surf… e logo hay monitores de surf.

¿Que é un monitor de surf?

Un monitor de surf e aquel que trabalha dende que os alumnos chegan. De feito un monitor de surf está trabalhando dende días antes de que chegue o alumno. Non falo simplemente de saber a previsión que vai ter, senón de que o material esté nas condicions optimas.

Este monitor de surf preocupase de que os alumnos que vaian entrar na auga fágano en condicións. Dende a tabla ata que leven crema protectora, como vos sabedes na auga un ponse moreno sen darse conta.

O monitor de surf explica como facer o takeoff, pero tamén explica onde porse na auga, como facer para remontar, e cal será o melhor punto para estar.

Cando o monitor de surf entra na auga cos alumnos… entran polo lugar correcto, por onde menos molesten (sempre tendo en conta o nivel dos alumnos claro)

Este monitor de surf, está pendiente do seu grupo, de ir colocandos e avisando do que en cada intre tenhen que facer (e o mais importante, porqué o tenhen que facer)

Pero claro… logo están os monitores de surf… outro tipo de monitores de surf… que a min gustame chamar “empurradores”

Os empurradores, son monitores de surf que so tenhen unha misión na vida… empuxar corchopanes para que ese rapaz se ponha de pé…

Estes monitores… que polo xeral gustan de fardar diante dos seus alumnos, non lhes explican nada, non se molestan en facerlhe entender que o surf o final e unha filosofia… que a xente que coma min está na auga querendo disfrutar de ese intre polo que levan agardando seguramente unhas cantas horas na praia.

Estes monitores “empurradores” meten os rapaces de frente o pico, ou ainda peor.. metenos xusto entrando na dirección da ola.

Logo deixanos xusto no punto exacto. Da igual que na praia soamente esté saindo unha dereita de medio metro… alá irá o empurrador a ponhelos no sitio, para cando chega a dereita empurrar a un pobre alumno para ver como sae recto e trata de porse de pé.

Este alumno… non vai saber nunca o que é o surf… (se soamente se guía polo que fala o empurrador)

Sinceramente… estou un pouco ata o caralho de certos “monitores de surf” en certas praias… e eu na auga son bem tranquilo… pero a este paso veredes como empezo a remar e perder tablóns.

Moito olho. Non falo de escolas de surf… de feito a mesma escola de surf pode ter xente digna de chamarse monitor, explicandolhe a xente por donde entrar, decindolhe que non remen unha ola ou que se quiten da linea da traxectoria da xente. E poden ter xente que non son mais que empurradores…

Quero aproveitar tamén este video que vín de MX surfboards no que tamen fala dos principiantes peligrosos… no 90% do caso porque ninguén lhes deu as clases adecuadas.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.