Case ainda co salitre na pel, recen aterrizado dunhas mini vacacions bem acompañado, aboiar, auga, area, sol, choiva e ela.

Aproveitando que Salinas estaba de celebración decidimos alugar unha camper coa xente de Triskel aquí en Compostela e irnos cara a aventura caminho Asturias e de paso Cantabria.

O primeiro día tocou ir cara Salinas, estaban coa celebración anual do seu festival e nos chegamos o sábado, penso que traendo tamen a choiva a eses lares. Salinas e sempre un bo punto de encontro para ver xente que ou soes ver no pico ou nestos lares. Por suposto estaba a xente de CostaSurf ( o cal salvoume dunha boa, porque non atopaba parafina para a taboa e este amable xentio regaloume unha… a cambio agardo poder convidalos a unhas cervexas cando anden por estes lares). Tamén estaba Iron e os seus tablóns, problema que cheguei tarde e xa despachara un que tinha fresquinho fresquinho e queria ver… o final conformamos coas fotos. Por supuesto chicho… non podo esquecer o Sr. William Munny un pracer sempre tomar algo e falar de cousas como …. surf!!! e cun mojito nas mans moito melhor. Bueno e non esquezo a Fer, sempre cun tablón nas mans… e o imparable Iago e toda a tropa de TSP (The Surfeiros Piratas) que non se perden unha (igual que a xente de Machete que por aló estaba dando jerra)

Aproveitamos para aboiar en San Xoan (outra punta de salinas) cun mar pouco propenso, pero sempre me gustan as olas que saen en Salinas e pola zona, realmente nunca vira algo así por outros lares. Tamén aboiamos por San vicente de la barquera con pernocta incluida e algo máis que 4 gotas de auga.

A verdade e que foi unha viaxe incrible, non so pola viaxe senon tamén pola companha, encontrar alghen que sexa compatible cun non e doado e eu tenho esa sorte 😀

O ultimo día, ante as previsións de 0 olas (con 30cm de ola xa nos conformamos os que so sabemos aboiar) pois tiramos cara neminha e o mercores pola manha tocou sesión de surf… bueno eu tirei de camara do meu bem querido monitor de surf e estiven jastandolhe o carrete mentras facia un chisco de brazo afotando ós novos surfeiros da costa da morte, agardo que algunha foto sirva!

Polo demáis… que podo decir… gracias a todalas persoas que se cruzaron nestas vacacións, fixestedes que fosen incribles. sobretodo Sil por aturar as minhas cancions.

Vemonos polas orillas.

COMPARTIR
Artigo anteriorAcercase Salinas
Seguinte artigoDomingo de correntes

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.