O Venres pasado fumos a Neminha, predicción de ondas xeitosas, pero non tivemos en conta a marea. Marea alta, pouco mar… ata que nos percatamos dunhas ondinhas que se estaban facendo case case na orilha.

Para aló que fomos, eu levaba 2 taboas, o long e unha curta de 6.8 (sei que demasiado curta para alguen que está aprendendo… pero xa sabedes que hai moito vicio).
Primeiro comecei co long, mentres lhe deixaba a un companheiro a outra, pero logo intercambiamos e… oh sorpresa… estaba maís comodo remando e indo polas ondinhas coa corta que co long.

Así que estiven o resto do tempo coa taboa corta, pode que so pilhara unha ondinha, xa sabedes que o meu e aboiar :D, pero esta agusto, remaba maís ou menos comodo polo hombro e sabia onde colocarme.

Sen lugar a duda estaba unha tarde perfecta para aprender, ondinhas preto da area, secuencia bem marcada e puntos onde comeza a romper maís que definidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA