Dende fai uns días a xente de Hangten (revista de longboard) anda a voltas co cancelo #showyourquiver onde mostran as xoias que se jasta a xente do mundinho.

Así que a mínima oportunidade de contribuir con eles aló foi a foto de rigor do que é meu quiver, e quero dende aquí contar un pouco o que hai.

O que mais abulta é a furgo (a puta llama) unha vw T3 do ano 1985, unha furgo que leva conmigo algo máis dun ano pero que realmente levaba bem tempo buscando una furgo pequena e totalmente panelada. Algún dato mais tendes pola web sobre esta furgo.

Logo as taboas, claro non poden faltar… senon menudo quiver.

O longboard e un blunt 9.2  feito por Pepe Neyra, gustame moito como trabalha na auga, sobretodo cando son eu o incompetente que aboia sobre ela, levo xa un par de anos e quitando golpes típicos de negado coma min aguanta moi bem.

A taboa máis corta e un boncer, de 7 para ser máis claros, foi feito por Chusma  un shapper galego residente en Muros que sempre me arranxa os problemas cos tarblons. Este boncer ten una distribucion 4+1 e realmente cando a cousa levanta moito prefiro meterme con esta para que as ostias non sexan tan grandes.

O resto que podedes ver, empezando pola esquerda, son:

Funda do longboard feita pola xente de Kailua. Lembro ma fixeron fai máis de dous anos e dende entón a pesar do trato (mal trato) que lhe dou está como nova! nin a mínima costura cedeu.

A toalla cambiador, esta fixoma minha nai, asi que hand made feito na casa. E incomoda de por, de sacar e abulta moito para gardar… pero e… fixoma minha nai e bem bonita que é.

logo as quillas que tenho, todas as que tenho levoas sempre encima porque nunca se sabe… as que mais uso son a amarela (unha flex de Neyra) e a estilo dolphin de chusma para o boncer. Pero tenho tamen unha de Neyra modelo Alvite, que non rematei de catar bem e unha hachet que tamen me gusta moito como flexa na auga a pesar do tamaño que ten.

O resto pois que vos vou decir, dous neoprenos, o negro oneill que foi rompendo e cambiei polo hurley, uns escarpins, tapons dos oidos e gorro. Tenho que decir que nunca usei guantes no inverno.

Por ultimo pero non menos importante (que me perdonen os longboarders classics) tenho 3 inventos de diferentes medidas.

Pois nada, aquí esta toda a minha “chatarra”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.