Neste mundo sempre se está a falar dos locales, do maís ou menos agresivos que poden ser e de como tratar con eles.

Sinceramente non é que leve moito aboiando, pero si sei reconhecer ós locales. Eu e calquera pode reconhecelos…

Os Locales son eses que sexa inverno ou verán andan sen neopreno na auga, son os que melhor aboian porque sempre están na auga. E sobretodo reconhecese os locales porque son os que fan que o resto da xente pare e ponhase a ver o que fan.

Os locales non son eses tipos ou tipas que melhor surfean, non son os do chiringuito, nin son os que che din donde se aboia melhor ou por onde sair se tes un problema.

Os locales non falan galego, non falan castelán, non falan castrapo. Os locales son eses animaliños, golfinhos e arroaces que surxen da nada, que agora están en Rostro e 20 minutos maís tarde están en Lires.

Eses son os locales, a eses si que temos que respetalos poriba de todo e darlhe a preferencia sempre que a busquen.

E como ocurre cos locales de bem… aboiar con estes locales sempre presta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.