O venres decidimos que pola tarde ibamos ir a Razo, a ver se tinhamos sorte e podíamos disfrutar de unha sesión similar a do xoves anterior en ancoradoiro.

Cando chegamos a cousa xa non pintaba bem, ainda que olas pequenas, o mar estaba moi bravo, e tinhamos a marea baixa de todo, o cal neste caso non nos axudaba nada porque a única ola que parecia ser boa rompia de golpe lavando moita auga.

Pero como nos somos uns tios bravos, dixemos… nada, aló que imos…

Cando nos metimos o mar xa non estaba moi tranquilo, arrastrandonos dende a orilla o canal e afastandonos da costa moi rápido… a cousa non “molaba” nada. Tratamos de chegar ata o pico mais ou menos decente, pero non habia forma moito mar, moitas olas raras, nada de estabilidade…

Asi que decidimos que aquelo non estaba para uns novatos que iban aboiar… era tempo de sair.

Cousa que non foi trivial, posto que estabamos xusto no canal e resultaria absurdo remar cara a costa. Así que aproveitamos as olas/espuma que se formaba para tratar que nos fosen arrastarndo cara un lado, mentres nos ibamos quitando do canal.

E con unha ultima ola, na que ata me puxen de pe, “like a sir”, fomos ata a orilha da praia onde xa faciamos pe.

Tardamos mais en chegar que no que estivemos na auga… de feito creo que tardamos mais en por o neopreno a estar dentro da auga… pero ainda así… merece a pena (sobretodo pola visita o bar de despoixa jeje)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.