Outro gran fin de semana, lástima o sábado pola tarde que comezou a chover e optamos por retirar cara santiago por non quedar dentro da furgo.

Pero realmente foi un gran fin de semana na melhor compaña.

O primeiro que tenho que decir e que a persoa que diga que agora os fondos de nemiña están bem… está mal da cabeza… miñanaiquirida como cambian os fondos dun mes para outro.

Ainda recordo nas primeiras clases que me dera Ruben, que decir que o primeiro era mirar o mar e como estaba o conto, que os carteis que soe haber nas praias sobre mareas e fondos… tenhen a mesma valided que a data que ponhen de printing… porque en cuestións de meses as cousas poden cambiar totalmente.

Fai uns meses nemiña iba moi bem con media, saia un pico moi xeitoso no medio do areal, e incluso sobre as rochas…

A cousa agora mesmo eche moi diferente, por exemplo o sábado atopamos paredes que caian a plomo sen poder ver unha clara dereita ou esquerda, o final fixemos un bo cambio, eu pasei do 9.2 para o 6.8 e así ainda fixen algo o tolo nos picos (sempre dentro do negado que eu son) pero a verdade que colhinlhe o gusto a taboa corta dende a vez anterior.

O dito, un finde increible e na melhor compaña (que foi a que sacou a foto que olhades) pero a foto e do venres xa con marea alta que non podiamos facer nada…. 0 mar e vento tolo.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA