Gran fin de semá por Nemiña. Podría decir que en concreto o domingo foi dos melhores días que puiden aboiar pola Costa da Morte.

O venres arranquei cara Nemiña, sen mirar previsións e “a lo loco” ademáis tinha a sorte de que Silvinha iba estar tamén por eses lares así que as risas estaban aseguradas.

O venres as olas caian moi en barrera, pero non defraudaron, tirando de Bonzer que Chusma fixera fai case un ano puiden colher algunha parede xeitosa (ainda a leguas dos bos surfistas, pero como digo sempre o meu e aboiar)

Pola noite resultou que o Ruben’s Chiriguito pechaba a tempada e apunteime a unha churrascada que prestou bem e de paso festexar o cumple de Suso (meu, 33 anos… estas xa para o arrastre)

O sábado non me cundiu moito, moita xente na auga, moito aleman (non tenho nada en contra de eles, pero algún parece que está estresado na auga e eso remata estresando a moitos e remata con mal ambiente dentro da auga… asi que podería decir que foi un banho normalinho)

Pero de pronto chegou o domingo. O mar espertou calmado e aproveitando que eramos 3 na auga (e dous de eles levaban taboa corta) e a cousa levantaba so medio metrin… ou media porta como algún di por eses lares… pois alá fun eu… eu soinho aboiando nunha pequena dereita que saia e segundo foi subindo o mar todos rematamos nese pico que parecia queria morrer co paso do tempo.

Efectivamente as 15:00 coa marea bem alta foi momento de sair e encaminhar cara o Saburil para tomar esas milanesas de tenreira e esas tortillas que realmente deronnos a vida.

Dende aquí aproveito para saudar a todolos cos que compartin ondas ou experiencias fora da auga. Xa me tarda volver aboiar. Sobretodo co meu bem 😀 ainda que me sexa imposible xa roubarlhe unha sola ondinha.

Tamen vos deixo unhas fotos que Silvinha me sacou, coido que as primeiras onde parece que empezo a saber que caralho e esto de aboiar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.