O bo de ter unha furgoneta e que realmente o día antes de comezar coas vacacións non temos que ter todo programado. Asi e como rematamos de vacacións pola Costa Vasca.

 

A nosa maior duda era se tirar cara o norte ou cara o sur (Portugal é algo que ainda temos pendente). Pero nesta ocasión a idea era tirar cara Francia, chegar arriba de todo e facer un pouco de turisteo típico. Non tinhamos intención de aboiar moito porque Silvinha ainda estaba dunha tatuaxe recente.

Así que arrancamos, destino Francia, pero coa intención de conhecer un pouco Euskadi. Ou máis que conhecer, volver a ver lugares que facia mil non visitaba.

img_0008Primeira parada Bakio, algo así como un Salinas en bruto. Estaba unha bandeira Roxa bem grande e 4 socorristas pendientes da cantidade de surfistas que había na auga.

A verdade e que había nivel no sitio, a xente que se metía si sabía o que estaba a facer, polo menos o 90% dos que vimos.

E digo esto porque máis adiante vin xa cousas moi raras como xente saltando preferencias cos corchopan do decatlhon e cousas así dignas de domingueros en pleno més de agosto.

Como estabámos camiño o norte, a poder ser Francia. Continuamos a nosa viaxe. Neste punto e importante recordar que Cando empezas a recorrer a costa Vasca, cada 20km tes un pueblo con encanto no que parar e tomarlhe uns pintxos.

Entre Bakio e Bermeo temos a San Juan de gesdfhtaleeche (Gaxtelugatxe). Cantidade de veces fun a esa pequena capela que está a tomar por culo. Todo moi bonito, pero lembrade se queredes ir que xa non é como fai anos, que so tinhades que subir os mais de 200 escalons… e que ademais agora temos que deixa-lo coche arriba e baixar caminando… Ide con tempo que a nos case se nos bota a noite encima.

O lugar e incrible, e serviume pra recordar o video que vira de Kepa Acero cando estivo surfeando esa pequena ola que rompe contra pedras.

Deixovos o video a continuación, o sitio e realmente bonito.

 

img_0024Logo foi o turno de Bermeo. Chegamos xa para cear algo, ainda que non lembro se o final ceamos ou non… pero o que si descubrimos que somos especialistas en rematar metendonos en calles peatonales… e oh sorpresa… estaban en festa!

Nos que somos de ir en datas raras a sitios pra non ter moita xente… resulta que topamos que en cada sitio que parabamos tinhan unha festa… coa sua panholeta de turno que non fun capaz de mercar..

Despoixa de ver os fuejos artificiais e tomarlhe algo, continuamos a nosa marcha, esta vez por nacional e sen usar ruas peatonais…

Posdata: de bermeo levamonos unha multa por circular por ruas peatonais… pero que lhe imos facer…

Estando en Bermeo onde van ir parar dous surfistas (por chamarnos algo clarostá) efectivamente a Mundaka.

Lastima que o pico de mundaka non estaba rompendo bem, pero bueno visita turistica polo pueblo e a descansar.

Supostamente neste punto tirariamos cara Francia, autopista e venha norte. Pero Euskadi chama e cando chama pois hai que facerlhe caso. Xa me diredes quen non lhe fai caso cando mar, terra e gastronomia xuntanse…

O dia seguinte tocounos turisteo de interior… bueno interior… Gernika. Chegamos realmente bem, o medio dia deunos tempo ainda de visitar a Casa de Xuntas, velo arbol/cultura e directos a polo vermut. Foi neste punto onde decidimos que igual quedabamos en Euskadi e xa iriamos cara o norte noutra ocasión, igual na moto.

Pola tarde xa sen prisa puidemos visitar o Museo da Paz. Totalmente recomendado, pode que non estivese dacordo en un par de fotos e texto que había, pero a escenificación do dia do bombardeo é relalmente boa. Tendes a obriga de ir e vela

Logo xa pueblinhos e mais pueblinhos. Ondarroa, Mutriku, Deba e Zumaia. Neste ultimo durmimos no porto co resto de autocaravanas… realmente non recomendo durmir non porto porque se estan a construir barcos e moi posible que boten toda a noite construindo, pero era o melhor sitio que atopamos… bueno que atopamos a 4… que costounos entrar no desvio jeje.

img_0036Quedamos en Zumaia porque queríamos ver a zona, recordemos que a capela que sae en “8 apellidos vascos” e esta pequena capela ubicada en Zumaia no alto o caron dunha praia.

A zona de Zumaia está considerada como un parque Xeolóxico de vital importancia porque mostranos estratos de fai mais de 6 millons de anos.

Hai unhas rotas duns 15km para ir recorrendo toda a costa, pero nos somos mais de aboiar ou de meternos coa furgoneta (podase ou non…)

Agora si que si, deixamos a parte do Pais Vasco en España e tiramos cara o Pais Vasco Frances. Caminho Biarritz. Punto do Weels&Waves e onde as ondinhas de medio metro facil a delicia dos 200 millons de surfistas e escolas que había na auga…

img_0045Dimos unha volta, o puebliño e bem bonito e 100% recomendado, eso si… son franceses e como tal despoixa das 14:00 e dificil atopar onde comer. Por sorte, xusto enfrente da praia está o Le Surfing que ten hamburguesa e puidemos meter algo no corpo.

Como Biarritz non é algo que nos chiste para durmir tiramos cara o norte. Eu tinha apuntado Capbreton como un punto a visitar tamen polo surf… amigos… se sodes de Galicia… non vaiades, Capbreton e algo así como Praia America.. sen encanto ningún.

Como alí non ibamos durmir nin por recomendación, entramos no gran dilema. Seguir subindo ou regresar… Vacacións so tinhamos 1 semana así que decidimos regresar pola terra vasca a ver se aboiamos nalgún lado.

Por sorte e por casualidade, optamos por colher a nacional cara España (en lugar da autopista que cada vez que te despistas cobranche 2€) e así rematamos durmindo pola zona de Bidart, uns km antes de San Juan de la luz.

O sitio moi tranquilo e o dia seguinte levantaron unhas ondas importantes pero cun mar moi deshorganizado.

Por se queredes sabe-la zona, deixovos o enlace cara google maps  Tende en conta que a altura máxima e a que pode dar unha T4 sen teito alto. Nesto os Franceses si tenhen control e ponhen a entrada estas barreras de altura para que non se pete de furgonetas.

O día seguinte percorremos a nacional toda ata chegar a Hendaia, as praias abarrotadas de xente, era fin de semana e estes Vascos aparcan onde sexa… algún o largo da viaxe vimolo aparcado como a 2 ou 3 km caminhando da praia… nin nos meus pesadelos fago eu tal cousa…

E nada, como estábamos preto de Donosti, decidimos ir… xa o conhecemos, pero nunca se sabe se pode ser un bo momento pra comprar lotaria ou algo…

Sorpresa nosa… xusto estaba sendo a competición de traineiras ou como se diga… así que nos como sempre polo medio do paseo peatonal ata que xa non había mais e tocounos dar a volta, pero celebrando co equipo de Oriol o terceiro posto que acaba de lograr.

Despoixa de querer visitar o Castelo da Mota e rematar na outra punta de Donosti decidimos que era melhor continuar porque o centro estaba todo cortado… así que nacional e caminho Mundaka (tinhamos a espinha de podernos meter ou como mínimo estar o suficientemente tranquilos)

Pola nacional pasamos sen querer por Zarautz , cuna de Karlos Arguiñano e de Aritz Aranburu… e nos… de sopetón atopamos un pequeno asador que quero recomendarvos 100% Certo que tenhen pouca variedade pero o entrecot…

Se nalgún momento estades pola zona. Recordade o nome. Asador Zubi Ondo.

Neste punto e xa coas pilas postas, percorremos toda a costa pola nacional ata chegar de novo a mundaka. Onde atopamos lugar para aparcar no propio porto… pero por desgracia sen condicións para aboiar.

img_0068Sen problema… Mundaka surf school, tamen ten tenda, e mercamos un slider tipo carver para pasar o rato, con algunha caida interesante pero sen consecuencias mais que risas.

Agora boto en falta os frontons na galicia para poder ir facer o parbo.

Na foto o momento exacto no que o meu afluente decide facer un hiper-mega-crack truco deixando a todo o mundo asombrado… asombrado de ver que non se fixo nin pizca de dano.

En mundaka botamos 2 días se mal non lembro. o final as ganas por meterse na auga foron grandes, pero moitisima corriente, mal ambiente na auga e un cheiro a gasoil do peirao interesante…

De aquí xa tocaba regresar, e atopamonos que foi pisar Castro-Urdiales e comezar a chover… seica o inverno acababa de chegar ó norte… e xa nos acompañou de regreso a Galiza, pero antes tocou facer noite en Tapia de Casariego, que no chiringuito ponhen uns chipirons que pra cear son o melhor do melhor.

Deixovos unhas fotos así un chis aleatorias da viaxe. se tendes algunha duda preguntade que pra iso andamos.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.