Suponho que non so me ocorre a min, ou pode que si, que sexa eu un bicho raro… pero cada día tenho mais tirria a determinados turistas/peregrinos…

Comprendo perfectamente que todos temos dereito a ir a un sítio a conhece-la contorna a vida que tenhen e todo o relacionado co lugar.

Pero unha cousa e ir coa humildade e respeto cara a zona e outra bem distinta e ir con aires de prepotencia de capital estatal como se “todo esto es mio”… cando non tenhen o mais mínimo respeto.

Xente que se disfraza como se fose subi-lo Everest para andar por montes galegos onde cada día pasa o paisano cos seus pantalóns da feira e as botas de ir o gando… Pero este home, local da zona, non vai deixando merda, non tira cos papelinhos das barritas enerxéticas (seguramente porque xa non as come… como moito darialho ó gando)…

Na auga pasa o mesmo, xente de fora sentindose donos e señores, querendo dar leccións de corrientes a xente que naceu na auga…

Xentinha… Para que uns non odiemos, ós outros tendes que ser mais humanos, mais humildes e sobretodo respetuosos… porque para os Galegos a terrinha e moito mais que un banco con boas vistas, que unha catedral ou un faro onde queimar a merda que carretastedes durante meses…

Porque cando pisades a NOSA terra vos sempre seredes bem acolhidos, porque os galegos de bos as veces somos tontos, pero non vos despistedes porque nesta terra temos un dito.

amiguinhos si, pero a vaquinha polo que vale.

bale? … poh ea…

DEIXAR UNHA RESPOSTA