Outro fin de semana que puidemos meter na auga (que comeza a estar maís quente do normal)

Pois si, este fin de semana pasado tocou arrancar cara o norte do norte (o que ven sendo parte da marinha lucense e un chis da de corunha) para poder rascar algunhas ondinhas de estas de medio metro que tanto prestan.

O Sábado si puidemos rascar, moito vento de terra pero ainda iamos coas esquerdas mais xeitosas, ainda que fomos a unha zona donde sae un rio e notabase bem… quero decir, as veces enfrentabanse a ola que baixaba do rio coa do mar facendo cousas raras na auga. Pero esto non nos quitou nin as ganas nin moito menos a festa.

A pesar dese tablón que Sil decidiu rematar de cabeza e que por pouco quédaseme no sitio. Pero mirando polo lado bo… así tenho algunha fotinha xeitosa jeje.

Por outro lado, o domingo pouco había onde rascar… pero como sempre, as ganas de meter na auga son maiores que a chustinha que saia cada 10 minutos… así que dar cera, pulir cera e correr cara a auga.

Moito na auga non fixemos… bueno si… toda unha praia para nolos dous… e rematar case case colisionando… será o amor jejeje.

A verdade e que dende aquí lánzovos a todos un aviso… se vedes a unha mulher co pelo de cores, cun tablón chusma tende coidado… vaivos saltar a preferencia, e as olas, e todo o que esté nas suas mans… ademaís non necesita moita forzar para que a ola a arrastre…

pero ainda así eu bem feliz de que me roube cada ola 🙂

Un bo fin de semana… o domingo que pensábamos na auga íbamos estar pouco… cando nos demos conta eran as 17:00 e ainda non coméramos…

DEIXAR UNHA RESPOSTA