Sei que chego un chis tarde, pero tinha cabeza que xa publicara as pedazo vacacions que nos mandamos o meu afluente (Silvinha) e maís un servidor… pero vese que non!

Pois dende fai uns anos reservo unha semana de vacacions para estar preto do mar, e bem acompanhado da melhor persoa do mundo, ademáis esta ocasión iba ser bem boa o ter furgoneta onde poder durmir (non minha senon dela).

Ata os días antes non sabiamos onde tirar, todo dependia do mar, podiamos tirar cara o norte ou cara o sur, o final ganhou o norte, así que Esteiro, Tapia, Salinas, Xago… eran algunhas das praias que nos iban ter para aboiar un rato largo.

Todo esto tenho que decir que tocou facelo cun dedo do pe roto, por se non o sabedes son a típica persoa torpe, e desta vez tenho que decir que o combate entre o meu dedo pequeno e a esquina ganhou a esquina… pero e o bem que me sentou a auga fria no dedo e andar toda-la semana en chanclas?

Por desgracía os 3 primeiros días foi todo calma chicha, algo rascamos por Salinas, pero ata o cuarto día non puidemos disfrutar bem das olas, como podedes ver as olas mais xeitosas chegaron en Tapia de Casariego e pola praia da Espasa (si, xusto onde se celebra o Motorbeach)

Non quero dar moito a brasa, pero… a quen non lhe gustaría unhas vacacións que se centraron en: Comer, Aboiar, Reir, durmir e por sorte atoparse de novo con Dani, Tamara e o seu retonho… a verdade e que ver como surfea esta xente xa merece a pena. Quedounos pendientes compartir unha boa comida meus!

Tamén foi das primeiras veces que notei que sí estaba surfeando, espero non esquecer como iba o asunto a próxima vez que me meta na auga. Tenho que facer unha especial mención a Silvinha por toda-las olas de esquerda que colhia a condenada, incluso sen apenas forza saia mangada a condenada…. ¡xa te pillarei!

Por sorte a próxima vez que tenha vacacións das tochas… será en …. NICARAGUA! The Boom agarda por nos!

DEIXAR UNHA RESPOSTA