Boas, facía moito non publicaba nada por estes lares, a verdade e que pouco había que comentar, pero hoxe traio unha novidade.

Resulta que esta finde, na que se iba festexar o OndaLonga, encamiñei cara o norte sen moita esperanza de meter no mar.

O final de forma inesperada estaba eu metido no mar rodeado de xente con taboas cortas, con espumas de case 1 porta pero cunhas ondas no fondo rompendo bem cara dereitas (contra unhas pedras) e de esquerdas (contra o canal)

O malo do long e chegar o punto cando as aspumas son de semelhante tamanho. O bo, que unha vez no pico permiteme ir moito maís arriba do que esta o resto da xente, permitindome colher as dereitas pero enfrontandome como se fose colher unha esquerda.

Xa vedes, poder facer esto permitiume en duas ocasions facer o que nunca puidera facer, meterme dentro do tubo… ou bueno… o tubo meteuse encima minha.

O final foron un par de olas, con 2 tubos, un bem… o outro decidiu aplaudirme na cara… cousas que pasan.

Pero bueno, xa podo decir que vin un tubo dende dentro (breve eso si) mentras a parede formabase por debaixo do meu long 9.6

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.