O fin de semana pasado a verdade foi un bo fin de semana. Bueno falando de Domingo e Luns… que o Luns non tocou trabalhar e disfrutar do “meu afluente”

Dende que comecei a aboiar sempre pensei que durmir a carón da praia tinha que ser unha gozada, sobretodo para espertar e sair, ver o mar e se tal meterse 😀 Xa o ano pasado durante as minhas vacacións vira que era un puntaso e tinha ganas de repetir.

Así que o Domingo pola tarde tocou baño en nemiña, seguido de posta de sol, unha boa cea e melhor compaña. Lastima que as 4 da manha os cadelos decidiran espertar o persoal… Pero bueno, cousas da vida.

O día seguinte, Luns, todo calmado, menos ondas, pero bueno… un está aprendendo así que o pouco que saia bem me valia.

Xa me tarda regresar hoxe a tarde a seguir aboiando, agardo ter algunha onda…. que andar na carretera porque si tampouco e plan.

Que tenhades un bo día. disfrutade da vida, que so tendes unha.

COMPARTIR
Artigo anteriorPra dentro oh!
Seguinte artigoShapers && Tablóns

DEIXAR UNHA RESPOSTA