Onte tocou ir a Nemiña (está petado de surfistas de paso ultimamente…) O chegar o panorama molaba moito, unha primeira remesa de olas na orilla bem grandes, destas que pides por dios que paren para seguir avanzando, e logo outra que algo queria parecerse a Salinas, pero que remataba caindo a plomo.

Había mono, cada vez tenho maís ganas de ir o mar mais antes que despoixa… e o domingo a previsión era de 2 metros co vento dende a terra. 100% propicio. Chovia… novidade non? pero bueno, na auga molhar voume molhar igual así que aló fun, non facia frio e directo cara a auga. A verdade e que o primeiro que me sorprendeu foi a cantidade de “corcheiros” que habia na auga, polo normal en neminha non hai moitos, pero onte habia bem de eles… increible o que poden chegar a facer sobre un anaco de plastico tan pequeno… sorprendido quedei. Tamben tenho que reconhecer que foi a primeira vez que medio me mosquei olhando como se comian a prioridade e tiraban por todas incluso cando eu xa estaba case para porme de pe… pero bueno… eu 0 preocupacións… eles levan un cacho de plastico e van de cabeza e eu levo un anaco duns 2 metros de taboa de foam reforzada con fibra… e unha quilla de plastico que creo que pode cortar sen moito problema… pero bueno… medio me mosqueei. (pasouseme rapido que tinhamos olas para todos) Tamén tenho que reconhecer que foi a primera vez que fixen unha parede como tal, realmente sentinme bem so con esa única ola. A sensacion de ir vendo como rompia pola minha dereita e o “silencio de non ter espuma pola esquerda”… vaia… estarei aprendendo a surfear? Ah outra cousa… quedei mallado de remar… si que tinhamos correntes… como se notaba as correntes do canal cara fora… primeiro non daba entrado e logo notaba como me afastaba da costa… xa me via no helicoptero do 112 jajaja menos mal estou federado 😀

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.