Onte, ante a falta de previsión pola zona de Nemiña, e de darlhe a brasa a moita xente… optei por tirar cara Carnota.

A verdade e que despoixa de anos conhecendo a zona de muros – Fisterre doume conta que nunca pisara a praia de Carnota. Una praia que ten unha lonxitude de entre 7 e 8 km… a verdade como dicía Chusma: “será por picos na praia pra escolher”

Pois saín de Compostela as 15:00 con sol, merquei bocata, coche, taboa, neopreno, capazo, lentillas, redios… iba a full….

Foi chegar a Noia e unha choiva do caralho… moita pero dentro do normal pra galicia jeje. De aló ata Lira, choiva e mal tempo, deronme ganas de voltar, pero bueno, todo fose por aboiar nalgún sitio novo.

Por desgracia o chegar a praia o día estaba moi escuro, ademaís tampouco tinha nada que facer, eu so nunha praia de 8km sen xente… eu, un de ourense perdido no mar na costa da morte… no no no.

Así que tocou adicarse a camiñar para ver a zona, ver onde podrían sair melhores picos… por un intre ata estiven a piques de meterme, pero o final recapacitei e optei por jardar as ganas para o finde.

pd. para que vexades o escuro que estaba, so vos digo que no fondo tería que verse a vila de Carnota. (que non e pequena tampouco)

DEIXAR UNHA RESPOSTA