Por fin o Venres pasado puiden ir a nemiña, primeira vez no ano que me metia no mar e iba con medo porque non tinha moi claro que nemiña estivera a funcionar en creciente.

Pero sí, o chegar atopeime unha moi grata sorpresa, vento de terra, marea subindo e unhas series que rompian de esquerda moi xeitosas, aquí e cando empecei a botar en falta o meu afluente, e que parecía que toda-las series levaban o seu nome… ademáis de que certo é que pasao realmente bem cando estou con ela no mar.

Pero bueno, eu iba coa idea de que o mar estaría bravo de máis para meter, pero podría bautiza-la táboa nova de Chusma, que o final o chegar vin que claramente estaba para o long e de cabeza que fun.

O dito, foi un venres de ondinhas moi simpáticas, non moi altas e rompendo coa sua calma digna de Salinas. Penso que todos os que estabamos saindo da auga opinabamos o mesmo.

Xa me tarda poder regresar a aboiar, e espero poida ser en compaña, que non quero decir que a compaña da xente de Costa da Morte non me guste pero sempre hai preferencias 😛

Que tenhades todos unha boa semana de ondas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA