Non vaiades pensar que me esquezo de actualiza-lo blogue… pero e que ultimamente cando tiro cara o mar, ou está picado de máis ou está calmado de máis.

O finde pasado tiramos cara Asturias (que terra máis bonita tendes) e pensamos en aboiar ou en Návia ou en Salinas ou incluso en Candás… O final por calma chicha ou por locura de mar tivemos que adicarnos a comer e tomar sidras… !que vida maís dura!

Hoxe traio o meu rincón da casinha, fixeime o outro día cando merquei neopreno novo (o hurley este azul que podedes olhar), que e unha zona que me gusta bem, para non ser un garaxe jejeje.

Como podedes ver, nesta esquina temos case todo. Dende o meu casco pra moto (por se non o sabedes tamen son destes que andan en moto e coa que topei grandes amistades que agora son Rodaballos coma min.

Tamén tenho 3 revistas da edición NÓS da sua época, un tocadiscos… ah! e temos por ahí unha foto do día da boda dos meus avos paternos que sempre me gustou cando a via na casa deles.

Por ultimo un buda “da sorte” que penso trouxeron meus pais dende Tailandia.

Por supuesto, penso e dos poucos recunchos da minha casa limpos hehe.

e nada… agardo en breves poder ter algunha foto na auga… que penso xa non sei nin aboiar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.