Venres, xa tardaba, despoixa de 1 mes (ou pode que maís) retomamos ruta dende Compostela cara Nemiña, un venres con moi boas ondas, con forza, con moitas e moi variadas

A verdade e que xa me tardaba, non o feito de facer surf, porque ainda non podo decir que o meu sexa surfear, en todo caso aboiar, pero de novo ese cheiro de mar, eses estiramentos antes de entrar na auga… de verdade que non vos facedes unha idea do que me apetecia.

Por desgracia o meu brazo non está nas plenas condicións, polo que despoixa casi 2h de remo xa non tinha forza, suponho tocará pasar polo masaxista e que me recoloque 🙂

Tamén tenho que seguir “investigando” como tomar a onda, non sei… pero sempre quedo demasiado inclinado e clavo a “proa” da taboa, suponho que teria que colher a onda antes, pero se a trato de colher antes non tenho empuxe… suponho teria que colhela nese fusco… cando empeza a mover algo de auga e ainda non e unha onda tan vertical.

Sexa como sexa, agardo este venres poder regresar e como se di… aboiar de puta madre.

Boas ondas!

COMPARTIR
Artigo anteriorDende a Orilla
Seguinte artigoMini ondinhas time

DEIXAR UNHA RESPOSTA