Onte, dia 6 de Abril, un servidor estivo de cumpleanos, cairon 33 por se andades a preguntar e ainda acepto regalos todo o mes jejeje.
A cousa e que vou por unha serie de puntos que como dí o título pode que non sepades e que vos importe unha merda. Pero algo tenho que por que senón parece estou perdido.
- Levo moi pouco tempo facendo surf, de feito non considero que o que eu fago sexa surf.
- Confio moi rapido na xente, pero se fallan e posible non volva confiar.
- Nin esquezo nin perdono. Non esquezo a quen me fixo bem e non perdono a quen me fixo dano.
- Tenho medo as alturas, non se pode considerar fobia pero nunca me verás sentado nun acantilado.
- Tenho unha especie de TOC coas verticales e horizontais.
- Son capaz de distinguir nunha imaxe un erro a nivel de 1px
- Por extensión son mais ou menos bo diferenciando cores.
- Sempre levei barba/perilla dende que me saiu pelo na faciana.
- Tenho unha importante perdida de audición nos oidos, sobretodo no esquerdo. Perdoademe se digo moitas veces “como?” cando esteamos a falar.
- Disfruto da moto tanto ou mais que do mar.
- Vivín en Madrid case 2 anos e regresei por mor da Morrinha.
- Non son capaz de ficar en lugares donde hai moita xente
- E moito menos se son discotecas ou similares.
- Sempre fun moi mal estudiante, sen embargo saquei unha enxenheria pola minha conta a distancia.
- Ainda que trabalho con ordenadores sempre quixen ser enfermeiro
- De feito fun socorrista acuatico no rio minho por ser o máis próximo ó mundo da sanidade.
- Gustame o mar, pero non me gusta a praia.
- Tenho titulación de monitor e director de tempo libre e durante moitos anos exercin como tal en campamentos de veran.
- A pesar de iso, os rapaces pequenos non me rematan de gustar en determinados entornos.
- Gustame ser puntual, de feito son o papón que chega media hora antes ós sitios.
- Son un pupas… podo mancarme con cousas cotians pero eu mancareime moito e mais forte que calquera…
- Levo en internet moito tempo… dende a época dos modems de 28k
- Se non podo comprobar a veracidade de algo… non o considero válido.
- Canto máis amigo sexas máis me meterei contigo
- Varias veces ganhei algún premio en internet por fallos de seguridade/loxica nos concursos/web.
- Tenho unha forma moi rara de pensar